Thursday 18 de April de 2024

O Concello do Pino reparte 1.200 euros en premios no XIX Concurso de Disfraces de Entroido o 26 de febreiro de colorido


As comparsas terán que estar compostas por un mínimo de 10 membros e as comparsas 4

O Concello do Pino fixo pública as bases que rexirán a XIX edición do Concurso de Disfraces de Entroido, unha cita que encherá de colorido capital municipal, Arca o vindeiro 26 de febreiro.
Este ano, o Concello repartirá un total de 1.200 euros en premios. O Concurso contempla sete categorías: Infantil (con premios de 100 € para o primeiro posto e 75 € para o segundo); o disfraz máis orixinal levaráse unha contía de 100 euros. Na categoría individual contémplanse outros 100 euros; 125 € na categoría de parella. Mentres que o grupo premiado levaráse un premio de 150 €. As contías máis altas son para a modalidade de comparsa (350 €) e carroza (200 euros).
Todas aquelas persoas ou grupos que desexen participar no concurso de disfraces do Pino deberán formalizar a súa inscripción o día 26 na Praza do Concello a partir das 16.30 horas e ata o inicio do desfile que comenzará unha hora máis tarde.
Todos aqueles rapaces e rapazas de ata 12 anos que veñan disfrazados ese día, estén inscrito no concurso e soban ao escenario recibirán un agasallo.
En canto as comparsas, e según se especifican nas bases, deberán contar con al menos 10 membros para poder participar. Mentres que os grupos contarán cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 9. En canto as carrozas deberán contar con 4 persoas como mínimo, representando algún tema enriba dun móbil. Neste caso as bases concretan que todos os membros do grupo, agás o conductor, deberán estar enriba del.
O xurado, composto por persoal alleo ao Concello do Pino, valorará o vestiario e maquillaxe (traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo), a orixinalidade, a organización e traballo en equipo e a capacidade (no cas de comparsas e grupos) e a capacidade de involucrar ao público.
O concurso de disfraces desenvolverase na Praza do Concello a partir das 17.30 horas. Este ano, ademais do concurso a festa contará tamén coa actuación do mago Cayetano Lledó que levará ata Arca o seu espectáculo de maxia ‘Lafayette Show’.
Por outra banda, o Concello tamén daba a coñecer aos gañadores do XVIII Concurso de Carteis de Entroido 2017. Os traballos gañadores anunciarán os festexos do Entroido en todo o municipio.
Na categoría infantil o traballo gañador foi o presentado polos alumnos da Aula de 5ºB de Infantil do CPI Camiño de Santiago.
Na categoría de 6 a 8 anos, o traballo gañador foi o presentado por Brais Rodeiro Sesa. Mentres que na modalidade de 9 a 11anos, a gañadora foi Duna Lemos Quinteiro.
Todos os premiados recibirán un agasallo o 26 de febreiro no transcurso a celebración do tradicional concurso de disfraces.